miércoles, 31 de enero de 2018

Para un mundo bo abondo



Dona Violencia de xénero
Falecida no día de onte, grazas á colaboración das xentes de todo o mundo.
D.E.P.
Familiares, amigos e demais coñecidos non a botarán de menos, e esperan que goce da súa estancia no máis alá.

†Don Racismo (e familia)
Falecidos por un ataque ao “corazón” ao descubrir que xa non importaba a cor da pel, nin a lingua que un falase,…e que as fronteiras entre os distintos mundos desapareceran.
D.E.P.
Aqueles que os coñeceron e os que non, deséxanlles unha boa viaxe sen retorno.


As irmás Fame e Desnutrición
Falecían no hospital, pouco despois da comida (por falta de costume).
D.E.P.
Esperamos que lles dean ben de comer alá onde vaian.



† Don VIH (alias SIDA)
Tras unha longa agonía, pola falta de súbditos sobre os que exercer o dominio, deu o seu derradeiro suspiro.
D.E.P.
O apoio dos países e a investigación fixeron posible este avance, pero pode que el non o vexa da mesma forma.

†Dona Inxustiza (grande empresaria)
A pesar de saber que lle quedaba pouco tempo de vida, loitou por sobrevivir, pero a gadaña da morte chegou sen que ninguén o puidera evitar.
D.E.P
Pode que non lle sente moi ben que a súa irmá Xustiza, peche a sección de traballo que ela creara fai moito tempo.


Os xemelgos Mentira e Engano
Falecidos tempo despois de que a xente vira, que unha lingua viperina non facía bonito, e que agora o mundo valoraba a sinceridade.
D.E.P.
Desexamos que non nos volvades susurrar ao oído o que debemos dicir, nin como debemos actuar segundo os vosos criterios.



†Dona Guerra
Finou tras contemplar coma todos os seus fillos (Bombas, Metralletas, Pistolas, Loitas, Conflitos,…e moitos máis), foran confinados ao esquecemento e pechados de por vida.
D.E.P.
Eles sempre pensarán nela, lembrando os vellos tempos. Ela os botará de menos e esperará o seu reencontro, que de seguir por bo camiño pode que non chegue a producirse.


†Dona Contaminación
Ao falecer levou con ela todos os seus impactos ambientais, mais non debe caer no esquecemento o que provocou.
D.E.P.
Cada vez que respiremos aire limpo, que vexamos un río, un mar,… de augas transparentes, lembraremos que xa non está entre nos.


†Don analfabetismo
Trás hun continuo tira e hafrouxa, so un dós hirmans foy forte havondo pra sovrebibir. O houtro xá non se hatopa neste lugár, marchóu lónxe.
D.E.P
Esta nota de defunción foi escrita na súa memoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario